A Axencia Galega de Calidade Alimentaria é un dos principais colaboradores desta XV edición de Santiago (é) Tapas, nunha clara aposta por un concurso co que comparte o obxectivo final: dar a coñecer e fomentar o consumo dos produtos galegos con certificado de calidade, moitos deles establecidos como agasallos directos ao público que finaliza as distintas (é)TAPAS e que están a facer xa as delicias das primeiras persoas que as completaron.
Así, tortas de Santiago, queixos, viños, licores, grelos, mel… figuran entre a ampla variedade de produtos gastronómicos que Experiencias de Calidade sumou á lista de agasallos desta edición.
Ademais, entre as súas accións no marco do concurso, destaca a repartición durante estes días dun ‘welcome pack’ a cada un dos hostaleiros participantes no concurso, a fin de darlles a coñecer unha selección de produtos certificados e facilitarlles o achegamento aos seus respectivos produtores. Dende a entidade fan fincapé no obxetivo de sensibilizar ao hostaleiro de que «consumindo estes alimentos tamén dase impulso aos produtos de proximidade, favorécese o crecemento das áreas rurais, redúcese a pegada de carbono e vélase por un mundo máis sostible».
Finalmente e tamén no marco da súa aposta por SANTIAGO(é)TAPAS, Experiencias de Calidade entregará o próximo 11 de marzo premios á Mellor Tapa Doce, Mellor Tapa Creativa e Mellor Tapa Tradicional.