En este momento estás viendo Boanerges, o mercado gourmet da capital compostelá

Boanerges, o mercado gourmet da capital compostelá

Aberto en 2019 no barrio do Castiñeiriño, o mercado gourmet da capital compostelá, é un multiespacio que rende homenaxe á cultura e á tradición culinaria de Galicia.
Boanerges é un espazo que basea o seu deseño na arquitectura do ferro, moi presente nas prazas e mercados de abastos tradicionais de Galicia, onde cada un dos postos é protagonizado polo produto máis representativo da nosa gastronomía.
Cada un destes produtos do Mercado está vinculado a un produtor que actúa como un compañeiro de viaxe que cre e aposta polo concepto de Boanerges, facendo do establecemento un local punteiro da cidade que destaca pola súa variada carta, produto de calidade e excelente trato ao cliente.