981 59 27 00 info@santiagoetapas.com
David Domenech recolleu o seu agasallo por completar as 8 (é)tapas do XII Santiago(é)Tapas

David Domenech recolleu o seu agasallo por completar as 8 (é)tapas do XII Santiago(é)Tapas

En só unha semana, o compostelán David Domenech percorreu as 8 (é)tapas das que consta este ano o Santiago(é)Tapas, visitando os 77 locais participantes. Bravo por el!

David afirma que foi "un pracer" probar todos estes petiscos, nunha edición na que cre que subiu o nivel de calidade con respecto a outros anos. "Coñecín lugares que non coñecía, cociñeiros, novos pratos...", explica. "Todas as tapas están, cando menos, moi boas", asegura. Iso si, o premio principal cre que se disputará "entre dúas ou tres propostas". "Pero pode haber sorpresas!", engade.

Por completas as 8 rutas, David poderá gozar dunha xornada de pesca nas Rías Baixas, un agasallo que recolleu na Oficina de Turismo de Santiago. Podes consultar os demais premios, aquí.

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboran Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril, o aceite oficial do concurso; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq.

 

Cerrar menú