Con moitos anos de experiencia no mercado corporativo, Etiqueta Negra Producciones, unha das firmas colaboradoras desta edición de Santiago (é) Tapas, é a día de hoxe un dos líderes na contratación de espectáculos no sector de eventos, traballando con artistas e empresas na produción dos seus eventos.
Ademais de producir o EMHU (Encontro Mundial de Humorismo), que se celebra na Coruña esta primavera, a produtora tamén desenvolve ciclos e eventos singulares en distintas localidades, ademais de numerosos shows en todo o territorio nacional.
Sobre o Encontro Mundial de Humorismo, que se celebrará na Coruña do 25 de abril ao 5 de maio de 2024, están xa confirmados nomes como os de Álex Clavero, Ana Morgade, Carolina Iglesias, Dalia Gutmann, David Amor, David Cepo, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Henar Álvarez, Ignasi Taltavull, Javier Veiga, Juan Dávila, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Roberto Vilar, Sílvia Abril, Tomàs Fuentes, Xosé A. Touriñán e As R(h)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro), entre outros.
O EMHU, a cita humorística máis relevante de España polo seu número de actividades e público (máis de 15.000 espectadores no 2023), está impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e conta co apoio de Estrella Galicia, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia.
O Encontro Mundial de Humorismo reunirá no 2024, durante 11 xornadas, as figuras máis destacadas da comedia galega e estatal. Serán casi unha ducia de días nas que o humor e a improvisación provocarán o sorriso e o deleite do público da man dalgúns dos espectáculos máis seguidos do momento. É o caso de La capital del pecado 2.0, Mentes peligrosas ou Esto no es un show; mais tamén de producións propias como Fantastic Colofon e Humoris Causa, citas nas que o EMHU xunta en cada edición un elenco de grandes figuras que se atoparn, por primeira vez, nun mesmo escenario.