981 59 27 00 info@santiagoetapas.com
Ábrese o prazo de inscrición do XII Santiago(é)Tapas e o I Santiago(é)Cóctel

Este venres, 4 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XII edición do Santiago( é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboran Cash Récord, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril, o aceite oficial do concurso; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Ultimaq

Ademais, tamén se inicia o prazo de inscrición da I edición do Santiago( é)cóctel, o concurso de cócteles de Santiago, organizado pola Asociación Hostalaría Compostela.

Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalería situados no #ter municipal de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas. Deberán rexistrarse para tal fin entre os días 4 e 20 de outubro (ambos os incluídos) cubrindo a folla de inscrición que se lles facilitará na Oficina Técnica do Concurso (rúa Salvadas, 29) ou no correo electrónico info@santiagoetapas.com

A XII edición do Santiago( é)Tapas celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro. Entre todas as tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que competirán na final prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.

A I edición do Santiago( é)Cóctel celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro.

Deja un comentario

Cerrar menú