A Denominación de Orixe Ribeiro sitúase no borde noroccidental da provincia de Ourense e nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia. Unha comarca a 45 km. do océano Atlántico, nunha zona moi particular e de excelente aptitude para o cultivo da vide.
O Ribeiro é unha zona de intenso cultivo do viñedo dende moi antigo. Tradicionalmente, no territorio da D.O. Ribeiro ten unha gran relevancia o saber facer do viticultor. Actualmente, están rexitrados 1.607 que, xunto con 98 adegas e colleiteiros con produto certificado, representan a estrutura produtiva da denominación. Cunhas 1.300 hectáreas de viñedo e unha produción media de 10 millóns de quilos de uva, Ribeiro é unha denominación de orixe caracterizada pola súa grande parcelación e diversificación. Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.
Cunha intensa actividade e presenza en numerosas feiras especializadas, a CRDO Ribeiro estará moi presente na XV edición do SANTIAGO(é)TAPAS aportando os seus mellores viños á lista de agasallos.