BASES

Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostelería situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas e dispoñan de espazo axeitado para consumo no propio local (barra e/ou cadeiras e mesas).

INSCRICIÓN

Os locais que estén interesados en participar deberán inscribirse entre o 9 de novembro de 2026 e 8 de xaneiro de 2027 (ambos incluídos) accedendo e cubrindo o formulario online enlazado máis abaixo ou cubrindo a folla de inscrición  enviándoa por correo electrónico a info@santiagoetapas.gal ou entregándoa persoalmente na oficina técnica do concurso.