Estrella Galicia e Ponte da Boga, patrocinadores desta edición de Santiago (é) Tapas, organizan dúas accións formativas para o mes de febreiro, para as que terán preferencia de inscrición os participantes no concurso.
Así, Estrella Galicia ofrecerá unha formación sobre Cultura de Cervexa, impartida por Carlos Ávila, mentres que Ponte da Boga dará a coñecer os seus mencías.
Formador: Rubén Perez – Enólogo e director técnico de Ponte da Boga:
Día 5 de febreiro, ás 10.30 horas
Clase práctica e teórica na que se catarán exemplos sinxelos de harmonías con cervexas de Estrella Galicia. A pesar de que pensamos que a maridaxe con cervexas está en desuso, a cana e a tapa ou o aperitivo e a cervexa son parellas inseparables na gran maioría dos establecementos de hostalería. Coñecer a técnica da maridaxe con cervexas pode axudar a subir o ticket medio da nosa hostalería.