Atendendo á petición de varias persoas interesadas no concurso de prolongar uns días o prazo de inscrición para o Santiago (é) Tapas, dende a organización decidiuse axustar o máis posible os tempos dando esta semana de marxe para a inscrición.
Ademáis, aproveitou para resolver algunhas dúbidas que foron trasladando os hostaleiros e hostaleiras interesados en participar.
Así, cabe lembrar que «o horario de servizo de tapas debe especificalo o local que as serve segundo convéñalle, indicando os seus días de peche e os horarios nos que os serve. Especialmente tendo en conta que este ano contamos cun roteiro doce no que se inclúen locais que serven almorzos e que ne moitos casos pechan polas tardes e fan horarios distintos aos restaurantes e bares que se basan máis en tapeo de viños».
Ademáis, neste senso, faixe fincapé en que «no caso das cafeterías que sirvan almorzos, brunchs, merendas… e que opten por presentarse ao roteiro e tapa doce, será posible a elaboración dunha torta ou un biscoito dos que se fagan as porcións adecuadas para servir en tapa, tal e como xa veñen facendo en moitos locais, co correspondente empratado idóneo para servir como tapa a concurso». Neste senso, será o xurado seleccionador o que indique cal é a medida da porción que debe servirse.
En canto ao prezo de inscrición, que se mantén dende as pasadas edicións, incídese en que «é por local e non por tapa, e dicir, os establecementos pagan a inscrición e poden presentarse ao concurso cunha soa tapa ou con dúas, e mesmo con 3 se unha é vegana ou sen glute».
Tamén hay que lembrar que «unha vez inscritos organizaranse as sesións fotográficas da próxima semana, tratando de adecualas o máis posible ás necesidades de cada un, polo que é importante que os que se vaian inscribindo tamén indiquen cáles son as súas preferencias», e que «a tapa prepárase na cociña da asociación, ou se terminará de preparar alí, para logo fotografarse e ser valorada polo xurado que valora os produtos empleados e a correción das técnicas de elaboración para garantir a calidade».
INCENTIVOS. Ademáis, este ano e como novidade para incentivar a participación, os rexistrados poden optar a cursos formativos e regalos. «Poden apuntarse xa ao curso de barista que impartirá Café Dromedario os días 29 e 30 de xaneiro, para o que hai varias quendas, con 10 prazas cada un» e poden tamén «reservar praza no de tiraxe de cervexa de Estrella Galicia e de viños Ponte da Boga», ambos o día 5 de febreiro.
Ademáis, haberá sorteo de agasallos entre todos os rexistrados ao concurso.
Organizado por Turismo de Santiago coa coordinación da Asociación Hostelería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, o patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario, o concurso conta ademáis coa axuda de Agacal, Asociación de Celíacos de Galicia, Boanerges, Pedras de Santiago, Curves, Etiqueta Negra, Recorda Fest, CRDO Ribeiro e CRDO Ribeira Sacra, entre outros.