Café Informativo sobre o XVII Santiago(é)Tapas

O CIFP Compostela acolleu esta tarde un Café Informativo no que o coordinador do Xurado Técnico do XVII Santiago(é)Tapas, o profesor Xosé Quintáns, explicou as novidades das bases desta edición e deu algúns consellos para mellorar a produción e calidade das tapas presentadas.

Trátase da primeira ocasión na que o concurso de tapas da cidade, organizado por Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, desenvolve esta acción informativa dirixida a locais de hostalaría que van participar no certame.

Café Dromedario, unha das empresas colaboradoras do concurso, ofreceu aos asistentes dous tipos de café, de Costa Rica e de Nicagarua, cun petisco de xeado de mango sobre escuma de café como acompañamento.

O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2026. Aqueles locais de hostalaría que queiran inscribirse poden facelo xa e ata o 7 de xaneiro (incluído), a través deste
formulario online

Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o XVII Santiago(é)Tapas conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galica) e o CIFP Compostela.