En este momento estás viendo Cinco entradas dobres para os mellores monólogos por finalizar 3(é)TAPAS

Cinco entradas dobres para os mellores monólogos por finalizar 3(é)TAPAS

O humor estará moi presente na XV edición de SANTIAGO(é)TAPAS grazas á achega de Etiqueta Negra Producións á lista de agasallos. Así, aquelas persoas que finalicen 3 (é)TAPAS poderán elixir unha entrada dobre para un destes cinco espectáculos propostos pola produtora.

Miguel Lago
31/05; 21:00 h. Auditorio Abanca

Miguel Lago volve a Galicia neste 2024 co seu último e renovado espectáculo, Lago Comedy Club. Máis de 50.000 espectadores xa gozaron desta revolución do clásico show unipersoal no que Miguel volve máis libre que nunca. Un Comedy Club ao estilo dos grandes clubes de Broadway e no que cada función é única. Novos textos, novas rutinas, reflexións sobre a actualidade e anécdotas persoais todo co inconfundible selo e a mestría de Miguel Lago.

David Perdomo
10/03; 18:30 h; Sala Riquela

David Perdomo presenta ‘Level Up’, o seu show máis íntimo ata a data, no que fai un repaso aos seus vinte anos de carreira e aborda o paso de pasar de ser un veinteañero rebelde que está de moda a un corentón que perde o carro do progreso e a modernidade.
‘Level up’ achega o espectador á beira máis humano do cómico, profundando no seu lado máis persoal; fálanos dos seus taras, filias, fobias e a depresión, pero tamén de cans, avións, as redes sociais ou o que xurda, todo iso salpicado do particular estilo mordaz que foi cultivando o cómico ao longo destes anos.

Oswaldo Digón & Luis Tinaquero
14/04; 18:30 h, Sala Riquela

Oswaldo Digón mestura o seu estilo de cómico de Stand-Up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, creando unha experiencia diferente en cada data. Neste espectáculo estará acompañado de Luis Tinaquero, guitarrista de renome e que poñerá música en directo ao show.
‘Ansia viva’ é un texto que fala con humor e liberdade da ansiedade, algo que todas e todos padecemos. Un formato de comedia novo para afrontar esta incerteza e preocupación.

 

Galder Varas
05/05; 20:00 h, Auditorio Abanca

Galdar Varas salta das redes sociais ao escenario para presentar un monólogo no que haberá moita improvisación, chistes e bloques diferentes ao que se ve en redes.

 

David Puerto
26/05 Auditorio Abanca

‘Pizpireto’ é o título do show de comedia alegre, vivaz e algo coqueto orquestrado por David Puerto, un cómico que fai das súas reflexións e vivencias un espectáculo moi divertido, buscando o lado positivo da vida se é posible, ou polo menos o lado gracioso. Facendo uso do monólogo clásico, improvisación (crowd work) e comedia musical, chega un show cheo de interacción co público, vandalismo, elegancia…