En este momento estás viendo Comeza o XIV Santiago(é)Tapas con 62 tapas a concurso

Comeza o XIV Santiago(é)Tapas con 62 tapas a concurso

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras visitaron esta mañá un dos locais participantes no XIV Santiago(é)Tapas, concurso de tapas que se desenvolve desde onte na cidade. O grupo puido probar o petisco da Bodeguilla de Santa Marta, restaurante que recibiu un dos galardóns na pasada edición do certame.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras visitaron esta mañá un dos locais participantes no XIV Santiago(é)Tapas, concurso de tapas que se desenvolve desde onte na cidade. O grupo puido probar o petisco da Bodeguilla de Santa Marta, restaurante que recibiu un dos galardóns na pasada edición do certame.

Baixo o lema de ‘Toleamos por (é)Tapas’, o evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, ofrecerá durante dúas semanas e media —ata o día 13 de novembro incluído— 62 petiscos de 38 locais composteláns.

As tapas dividiranse en dúas modalidades: tradicional e creativa, ambas cun prezo de entre 2 e 4 euros. Entre todas os petiscos presentados outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un premio á mellor tapa creativa e un premio á mellor tapa tradicional, dotados con 1.000 euros cada un; e un premio á mellor tapa maridada con viño e á mellor tapa maridada con cervexa, dotados con 500 euros cada un. A Asociación de Celíacos de Galicia entregará tamén un premio á Mellor Tapa sen Glute. Ademais haberá dous premios do público, á tapa creativa e á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un.

No acto probaron a tapa da Bodeguilla de Santa Marta.

Agasallos directos e sorteos

Neste XIV Santiago(é)Tapas establecéronse seis rutas ou (é)tapas que se poden consultar tanto na páxina web santiagoetapas.gal como no Tapasporte, á disposición desde o xoves nos locais participantes, na Oficina de Turismo de Santiago, na Rúa do Vilar, e na sede de Asociación Hostalaría Compostela, na Rúa Salvadas, 29.

As persoas que vaian completando as diferentes (é)tapas -conseguindo os selos dos locais participantes no Tapasporte cando consuman unha tapa- gañarán diferentes agasallos. Os premios, que poden consultarse na web santiagoetapas.gal , inclúen entradas para o festival de cine Cineuropa, o mandil oficial do concurso, botellas de viño e de Áncora de Silleiro, vales para o Mercado de Abastos, abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela e unha cea en A Maceta, local gañador da edición anterior do concurso.

Como novidade nesta edición creáronse dúas rutas extra, que se suman á Ruta Veggie, con opcións para persoas vexetarianas, veganas ou flexitarianas, que xa se puxera en marcha no 2021. Estas son a Ruta sen glute, para que poidan completar as persoas celíacas, e a Ruta Pet-friendly, formada polos locais que permiten acceder con mascotas. Entre todas as persoas que consuman dez tapas nalgunha destas tres rutas realizaranse tres sorteos: unha cesta de produtos da horta do Mercado de Abastos, unha cesta de produtos sen glute da Asociación de Celíacos de Galicia e un plan vacinal anual completo para unha mascota máis un regalo sorpresa de Can Cat.

Ademais, sortearase unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta D’Obradoiro —por cortesía de Cervezas Alhambra— entre todos aqueles que emitan o seu voto nos códigos QR habilitados para tal fin nos locais participantes.

O XIV Santiago(é)Tapas volve a contar un ano máis co apoio de Cervezas Alhambra, en liña coa filosofía da marca que considera o tempo coma un ingrediente esencial á hora de elaborar as cousas que merecen a pena, como a boa gastronomía.

Tamén colaboran nesta edición Cash Record, Banco Sabadell, Utimaq, a Asociación de Celíacos de Galicia, Monbus Obradoiro CAB, SD Compostela, o festival Cineuropa e Renfe.