En este momento estás viendo Curso de Iniciación Barista con Café Dromedario

Curso de Iniciación Barista con Café Dromedario

No marco do XV Santiago (é) Tapas e como parte do seu calendario de actividades, Café Dromedario, colaborador desta edición, poñerá en marcha os próximos días 29 e 30 de xaneiro un curso de Iniciación Barista, en diferentes horarios, habendo dez prazas dispoñibles para cada quenda, respectándose a orde de inscrición.

O curso celebrarase nas aulas da Asociación Hostalería Compostela e será impartido por Karen Quiroga, formadora de Café Dromedario, 2 veces campiona de España de latte (sca 2017 e Forum 2021), 3ª aeropress España 2019, e somelier de té, e comprenderá o seguinte contido:

-Manual barista incluído gratuíto no curso.

-Degustación de bebidas con café.

-Historia.

-Botánica.

-Diferenzas entre as variedades de café.

-Correcto uso da máquina espresso.

-Conservación do produto.

-Preparación do espresso correcto cos parámetros indicados para cada bebida.

-Emulsión correcta do leite.

-Rendibilidade.

-Aforro.

-Diferentes bebidas especiais con café con leite, por exemplo, capuccinos, latte macciatto, flat white etc.

DATAS e HORARIOS

Luns 29

– de 9:30 a 11:30

– de 12:00 a 14:00

– de 16:00 a 18:00

– de 18:15 a 20:15

Martes 30:

– de 9:30 a 11:30

– de 12:00 a 14:00

– de 16:00 a 18:00

– de 18:15 a 20:15

As persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia antes do xoves 25 de xaneiro.