Café Dromedario

Café Dromedario súmase este ano a Santiago (é) Tapas como unha das súas principais empresas colaboradoras.

Entre as súas accións atópase un curso de formación de Iniciación Barista, que impartirá Karen Quiroga, e para o que tendran prioridade os rexistrados nesta edición do concurso.

Formadora de Café Dromedario, 2 veces campiona de España de latte (sca 2017 e Forum 2021), 3ª aeropress España 2019 e somelier de té, Karen Quiroga impartirá un curso que cremos será moi interesante para quen queira comezar a súa carreira como barista ou para aqueles que xa teñen experiencia pero queren ter unha formación máis profesional.

Contidos do curso de iniciación barista:

    • Manual barista incluído gratuíto no curso.
    • Degustación de bebidas con café.
    • Historia.
    • Botánica.
    • Diferenzas entre as variedades de café.
    • Correcto uso da máquina espresso.
    • Conservación do produto.
    • Preparación do espresso correcto cos parámetros indicados para cada bebida.
    • Emulsión correcta do leite.
    • Rendibilidade.
    • Aforro.
    • Diferentes bebidas especiais  con café con leite ej: capuccinos, latte macciatto, flat white etc.

 

O curso realizarase os días 29 e 30 de xaneiro no local da Asociación Hostelería Compostela (Salvadas, 29-31), e durará unhas 2 horas aproximadamente. Haberá varias quendas, estando limitadas a 10 prazas por quenda.

Poderedes inscribirvos marcando a vosa preferencia de horarios.

Pecharanse as quendas por orde de inscrición, tendo prioridade os participantes en Santiago (é) Tapas.

Límite día 25.