O XV SANTIAGO(é)TAPAS está a chegar ao seu fin. Tras 18 días de degustacións en establecementos distribuídos en 5 (é)TAPAS, o concurso organizado por Turismo de Santiago, clausurará esta edición co acto de entrega de premios previsto para o vindeiro martes, día 12, ás 19.00 horas, no Auditorio de Galicia.
Durante o evento, con acceso limitado aos hostaleiros participantes, patrocinadores e colaboradores, daranse a coñecer as tapas gañadoras dos premios a Mellor Tapa Doce, Mellor Tapa Tradicional, Mellor Tapa Creativa, Mellor Tapa Maridada con Viño (patrocinada por Ponte da Boga), Mellor Tapa Maridada con Cervexa (patrocinada por Estrella Galicia), e Mellor Tapa Sen Glute, seleccionada pola Asociación Galega de Celíacos.
Ademais, durante o acto tamén terán lugar os sorteos de agasallos dirixidos aos hostaleiros participantes e ao público que votou, entre eles unha noite nun aloxamento da cadea Alda Hotels, unha visita ao Museo MEGA, unha sesión de fotografía gastronómica de Vega Studio, e a última novela de Arantza Portabales asinada por ela.
A XV edición, esta organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela, co apoio da Deputación da Coruña, e conta co patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Grupo Dromedario, ademais de diversas entidades e empresas como Experiencias de Calidade – Agacal, Piedras de Santiago, Awasan, Mercado Boanerges, Garfo e Coitelo, Curves, Esteban Vagni Fisioterapia, Etiqueta Negra Produciones, Recorda Fest, CRDO Ribeiro e CRDO Ribeira Sacra, que achegaron entre todos numerosos agasallos.