En este momento estás viendo Formación en cultura cervexeira para os inscritos en Santiago (é) Tapas

Formación en cultura cervexeira para os inscritos en Santiago (é) Tapas

Estrella Galicia, patrocinador da XV edición de Santiago (é) Tapas, organizou un curso de cultura cervexeira aos rexistrados no concurso, entre os que tamén sorteará unha entrada dobre para coñecer o museo MEGA.
Esta é unha das novidades desta edición, que busca dinamizar a hostalería nun mes de menor afluencia, así como dar a coñecer o alto nivel da gastronomía en pequeno formato e fomentar o uso de produtos de calidade contrastada.
A inscrición para presentar tapas a concurso está aberta ata o vindeiro luns 15 ás 08.00 horas.
A compañía cervexeira outorgará tamén Premio á Mellor Tapa Maridada con Cervexa. Un incentivo máis para dar renda solta á creatividade gastronómica.