En este momento estás viendo Comezan os cursos de barista coa 2 veces campiona de España de latte Karen Quiroga

Comezan os cursos de barista coa 2 veces campiona de España de latte Karen Quiroga

As instalacións da Asociación Hostelería Compostela acolleron este luns as primeiras sesións do Curso de Iniciación Barista, promovido por Café Dromedario e impartido por Karen Quiroga, 2 veces campiona de España de latte (sca 2017 e Forum 2021), 3ª aeropress España 2019 e somelier de té, que viaxou á capital galega para achegar a figura do barista aos hostaleiros, mostrándolles as principais técnicas para tratar o café de alta calidade.
Fronte a ela, profesionais do sector interesados en converterse en baristas ou en ter unha formación máis profesional, participaron nestas sesións pensadas para grupos reducidos, cunha parte teórica e outra práctica, e que tendrán continuidade mañá.
Organizado no marco do Santiago (é) Tapas, do que Dromedario é un dos colaboradores desta edición, o curso é unha das novidades deste ano, e incluíu unha degustación de bebidas con café, técnicas para o correcto uso da máquina espresso, e indicacións para ensinar aos asistentes as diferenzas entre as variedades de café, a conservación do produto, a preparación do espresso correcto cos parámetros indicados para cada bebida ou a emulsión correcta do leite, pero tamén consellos para obter a máxima rendibilidade.
Ademáis, os asistentes aprenderon a preparar varias bebidas especiais feitas con café con leite, como capuccinos, latte macciatto, flat white…

PRÓXIMAS ACCIÓNS FORMATIVAS. Por outra banda e tamén dentro das actividades complementarias de Santiago (é ) Tapas, celebraranse o vindeiro luns, 5 de febreiro, dúas novas accións formativas dirixidas principalmente aos hostaleiros rexistrados na XV edición do concurso, e para as que aínda quedan prazas dispoñibles.
Trátase dunha formación sobre Cultura de Cervexa, impartida por Carlos Ávila, e outra para coñecer, da man do enólogo Rubén Pérez, os matices da uva reina da Ribeira Sacra. Así, ás 10.30 horas, haberá unha cata con varios mencías de Ponte da Boga, mentres que ás 12.15 horas, haberá unha clase práctica e teórica na que se catarán exemplos sinxelos de harmonías con cervexas de Estrella Galicia.