Café Informativo

Participa no Café Informativo para coñecer de primeira man todas as novidades nas bases do XVII Santiago(é)Tapas. Ademais, o Xurado Técnico do concurso ofrecerá algúns consellos e trucos para mellorar a produción e calidade das tapas presentadas. 
 
Será o martes 25 de novembro de 17.30 a 19 hrs. no salón de actos do CIFP Compostela. Para poder asistir hai que inscribirse a través do seguinte formulario online

BASES

Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostelería situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas e dispoñan de espazo axeitado para consumo no propio local (barra e/ou cadeiras e mesas).

inscrición

Os locais que estén interesados en participar deberán inscribirse entre o 27 de outubro de 2025 e 7 de xaneiro de 2026 (ambos incluídos) accedendo e cubrindo o formulario online enlazado máis abaixo ou cubrindo a folla de inscrición (enlazada na área de descargas) enviándoa por correo electrónico a info@santiagoetapas.gal ou entregándoa persoalmente na oficina técnica do concurso.

Descargas