
Un total de 76 propostas, oito máis que en 2025, de 48 locais, seis máis que na edición anterior, poderán degustarse en Compostela desde o xoves 19 de febreiro, cando comece o XVII Santiago(é)Tapas, o concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña.
Estes locais están distribuídos en oito (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago. Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial: doce, vexetariana e sen glute. Cabe destacar que este é o único concurso de tapas de Galicia que conta cun itinerario apto para persoas celíacas, avalado pola Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA).
As oito rutas ou (é)Tapas nas que se distribúen os participantes son:
CAMIÑO INGLÉS: Pico de Galo / A Porta Verde / O Testo / Entreportas / A Carrilana / La Culpable
CAMIÑO PRIMITIVO: A Fuego Lento / Suso / O’Flanagan’s / Redes / Nómade / Vilar 64 / Los Caracoles
VÍA DA PRATA: O Sendeiro / Quitapenas / Mercedes / Beher / A Ostrería
CAMIÑO DE INVERNO: Vitela / Xuntanza / Mori / Sindueña / Sessanta & Novanta / El Muelle / Cacao
CAMIÑO PORTUGUÉS: A Vaquiña / Bodeguilla de Santa Marta / Artesana / La Planta / El Estudio
CAMIÑO FRANCÉS: Oca Puerta del Camino / Bodeguilla de San Lázaro / O Afiador / Arauxa / Atahualpa
CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA: El Rincón de Yobeida / As Margaritas / El Cártel de Mawey / La Morena / A Lareira / Marte
CAMIÑO DO NORTE: Avenida 213 / A Maceta / Black Cat / A Moa / Casas Chico / Orixe / A Medusa
Agasallos para o público
Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos premios, tales como agasallos especiais de Turismo de Santiago ligados a Compostela, produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria, de AGACAL; botellas de viño Ponte da Boga, cervexas Estrella Galicia ou lotes de Café Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia); entre outros regalos que se comunicarán nos vindeiros días.
Ademais, entre todas aquelas persoas que voten polas súas tapas favoritas a través dos QR que atoparán nos locais participantes, sortearase unha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio.
O Tapasporte poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes.
O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo. Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o concurso conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela, Allwork e Vimbio.