En este momento estás viendo Ponte da Boga premiará á Mellor Tapa Maridada con Viño

Ponte da Boga premiará á Mellor Tapa Maridada con Viño

A adega máis antiga da Ribeira Sacra, situada ao pé de Castro Caldelas e fundada en 1898 pola familia de Pascasio Fernández, tamén estará moi presente nesta edición de Santiago (é) Tapas.
Pertencente desde 2006 á familia Rivera, que a adquire iniciando así unha nova etapa cuxo principal obxectivo é poñer en valor un viñedo único no mundo, Ponte da Boga premiará a Mellor Tapa Maridada con Viño.
Ademais, ofrecerá unha actividade moi especial entre os hostaleiros e hostaleiras inscritos nesta edición.