Do mesmo xeito que nas últimas edicións, Santiago (é) Tapas dará protagonismo á cociña vegana e ás elaboracións sen glute, con roteiros especiais polos locais que presentan estas propostas, e incentivando a participación dos clientes con agasallos a quen os visite todos probando as súas tapas a concurso.
Ademais, este ano inclúense tamén os doces que adoitan formar parte das cartas de almorzos, brunchs e merendas.
As tapas serviranse ao prezo de entre 2 e 4 euros, entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo, en horario marcado polo propio local, e xurado profesional e público elixirán cos seus votos á gañadora.
Os rexistrados deberán presentalas na Asociación de Hostalería ante un xurado clasificador a próxima semana, entre o 16 e o 19 de xaneiro (horario a convenir), onde se lles quitará a foto para a cartelería correspondente, a web e o Tapasporte, co que o público poderá ir selando os locais nos que consuma tapas a concurso, e optar a premios directos e sorteo de agasallos.
Durante todo o concurso farase promoción dos locais e as súas propostas nas canles de difusión e redes de Santiago (é) Tapas.
A inscrición (99 euros, IVE incluído) é por local e dá dereito á presentación de ata 2 tapas (3 se se fai unha vegana ou sen glute).
Tedes ata o luns ás 08.00 horas para inscribirvos.
E lembrade que os inscritos poderán facer un curso de formación de baristas, tiraxe de cervexas, cata de viños e entrar no sorteo de noites de hotel e entradas a MEGA, grazas a Estrella Galicia, Ponte da Boga, Café Dromedario e Alda Hotels