O grupo hoteleiro Alda Hotels sorteará unha noite para dúas persoas nun dos máis de sesenta aloxamentos que ten a cadea galega polo norte e centro de España. Esta será unha das accións levadas a cabo pola compañía no marco da colaboración con Santiago (é) Tapas, que se celebrará do 15 de febreiro ao 3 de marzo, e para o que aínda está aberta a inscrición ata o próximo 10 de xaneiro, debendo formalizarse a través da web santiagoetapas.gal.
Con 14 anos de vida e máis de sesenta hoteis estratexicamente diversificados polo norte e centro de España, Alda Hotels está actualmente presente en Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria, Navarra, A Rioxa Castela-A Mancha e Aragón e proximamente abrirá novas localizacións no País Vasco e nalgunhas provincias como Ávila.

O sorteo do obsequio de Alda Hotels entre os locais rexistrados é unha das novidades do próximo Santiago (é) Tapas, que seguirá a mesma dinámica e perseguirá o mesmo obxectivo que edicións anteriores, con varios roteiros cos establecementos participantes e premios ás mellores tapas.
Ademais, haberá agasallos directos para quen finalice as distintas etapas, entre eles noites de hotel, e sorteo de premios entre os que voten polas súas tapas preferidas.
Organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostalería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, Santiago (é) Tapas conta nesta edición co patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario.