Unha edición máis, Santiago (é) Tapas volve a contar coa colaboración de Cash Record, unha empresa que dá servizo aos profesionais da hostalería e a alimentación en Galicia, aportando valor e sumando sinerxias ao concurso.
Cash Record ofrece unha ampla gama de produtos e servizos nas súas seccións de frescos perecedoiros, alimentación seca e non alimentación, que permiten cubrir as necesidades máis esixentes dos profesionais do sector Horeca e do comercio retallista.
Ademais, conta tamén cunha ampla gama de produtos adaptada á canle Horeca en grandes formatos e variedades especiais en máis de 1.100 referencias, e varias liñas de produtos para ofrecer ao sector hostaleiro o equipamento máis adecuado para o negocio: droguería, limpeza, electrodomésticos, téxtil, refugables, mobiliario, material de oficina etc.
Pertencente ao grupo Vegalsa, conta con 18 centros en localizacións estratéxicas en toda Galicia e Asturias, ofrecendo unha ampla variedade de produtos coa mellor relación calidade – prezo e en formatos adaptados ás necesidades de cada establecemento.