Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa de Estrella Galicia, impartiu esta semana nas instalacións da Asociación Hostelería Compostela, unha clase práctica e teórica sobre maridace e cultura de cervexa, na que se cataron exemplos sinxelos de harmonías con cervexas Estrella Galicia.
“A pesar de que pensamos que a maridaxe con cervexas está en desuso, a cana e a tapa ou o aperitivo e a cervexa son parellas inseparables na gran maioría dos establecementos de hostalería”, explicou, polo que “coñecer a técnica da maridaxe con cervexas pode axudar a subir o ticket medio da nosa hostalería”, sinalou durante a clase.
A sesión, á que asistiron unha veintena de profesionais do sector, incluiu unha cata sorpresa de cervexas con maridaxe de patatas fritas con salsa ali oli, tomate seco e mexillóns en escabeche.
A formación é unha das novidades desta edición de Santiago (é) Tapas, que arrincará o próximo 15 de febreiro en Compostela.