En este momento estás viendo Alda Hotels sortea unha noite nun dos seus hoteis entre os locais participantes en Santiago (é) Tapas

Alda Hotels sortea unha noite nun dos seus hoteis entre os locais participantes en Santiago (é) Tapas

O grupo hoteleiro Alda Hotels sorteará unha noite para dúas persoas nun dos máis de sesenta aloxamentos que ten a cadea galega polo norte e centro de España. Esta será unha das accións levadas a cabo pola compañía no marco da colaboración con Santiago (é) Tapas, que se celebrará do 15 de febreiro ao 3 de marzo, e para o que aínda está aberta a inscrición ata o próximo 10 de xaneiro, debendo formalizarse a través da web santiagoetapas.gal.
Con 14 anos de vida e máis de sesenta hoteis estratexicamente diversificados polo norte e centro de España, Alda Hotels está actualmente presente en Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria, Navarra, A Rioxa Castela-A Mancha e Aragón e proximamente abrirá novas localizacións no País Vasco e nalgunhas provincias como Ávila.
O sorteo do obsequio de Alda Hotels entre os locais rexistrados é unha das novidades do próximo Santiago (é) Tapas, que seguirá a mesma dinámica e perseguirá o mesmo obxectivo que edicións anteriores, con varios roteiros cos establecementos participantes e  premios ás mellores tapas.
Ademais, haberá agasallos directos para quen finalice as distintas etapas, entre eles noites de hotel, e sorteo de premios entre os que voten polas súas tapas preferidas.
Organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostalería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, Santiago (é) Tapas conta nesta edición co patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario.