Estrella Galicia, patrocinador da XV edición de Santiago (é) Tapas, organizou un curso de cultura cervexeira aos rexistrados no concurso, entre os que tamén sorteará unha entrada dobre para coñecer o museo MEGA.
Esta é unha das novidades desta edición, que busca dinamizar a hostalería nun mes de menor afluencia, así como dar a coñecer o alto nivel da gastronomía en pequeno formato e fomentar o uso de produtos de calidade contrastada.
A inscrición para presentar tapas a concurso está aberta ata o vindeiro luns 15 ás 08.00 horas.
A compañía cervexeira outorgará tamén Premio á Mellor Tapa Maridada con Cervexa. Un incentivo máis para dar renda solta á creatividade gastronómica.