En este momento estás viendo Gran éxito da única Ruta Sen Glute dos concursos de tapas de Galicia

Gran éxito da única Ruta Sen Glute dos concursos de tapas de Galicia

A Ruta Sen Glute, un dos tres roteiros especiais que se suman ás 5 (é)TAPAS habituais, está a volver a ser todo un éxito, en boa parte porque SANTIAGO (é) TAPAS é o único concurso de tapas en Galicia que conta cun roteiro específico de propostas sen glute, o que fai que moitas persoas se acheguen a probalas dende fora da cidade e gozar coas 19 tapas elaborados este ano por 16 establecementos.
La Chida, Redes, A Lareira, El Cártel de Mawey, Boanerges, A Maceta, O Ferro, La Morena, A Ostrería, Benboa, A Vaquiña, Xuntanza, Sindueña, Pico de Galo, Orixe (na foto) e Solleiros son os locais que esta edición constitúen un roteiro cos seus petiscos.
Además de gozar coa mellor gastronomía, as persoas que finalicen a Ruta Sen Glute poden gañar un pack de cuncas e unha botella de viño da DO Ribeira Sacra con abridor, ou un pack de cuncas e unha botella de viño da DO Ribeiro con accesorios. Ademais, entrarán no sorteo dunha cesta de produtos sen glute doado pola Asociación de Celíacos de Galicia, que ademais elixirá a Mellor Tapa Sen Glute.