En este momento estás viendo Máis de 20 anos amparando os viños da Ribeira Sacra

Máis de 20 anos amparando os viños da Ribeira Sacra

Garantir a orixe do produto, asegurar a súa calidade e promocionar os viños producidos ao amparo da D.O., son os tres principais labores do Consello Regulador de Ribeira Sacra, unha denominación de orixe establecida en 1996, á que se acollen viñedos localizados na zona do mesmo nome, nas provincias de Lugo e Ourense, en Galicia.
Dividida en cinco subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil, a D.O Ribeira Sacra, a D.O. agrupa a unha comunidade de produtores envorcados na profesionalización da xestión, imprescindible para competir con acerto nos mercados.