A empresa compostelá Sancosa naceu hai máis de 30 anos como un obradoiro artesanal no que se elaboraba unha gran variedade de produtos de repostería, desde deliciosos pasteis, pastas e outros doces varios, ata Tortas de Santiago, Troncos Xacobeos e Tortas de varios pisos para Vodas, Bautizos e Comuñóns.
En 1991 empezaron a comercializar con gran éxito o que sería o seu produto estrela, ‘Las Piedras de Santiago’, un exquisito bombón elaborado a base de chocolate e améndoas, pero cheo de matices e coa máis alta calidade de materias primas do mercado. A súa gran acollida levoulle primeiro a aumentar a súa produción en detrimento de outras delicatesen que se elaboraban no obradoiro, e finalmente, a centrar a produción nel.
Las Piedras de Santiago compóñense de 3 variedades para a súa venda individual: Chocolate con leite, Chocolate negro e Chocolate branco. A elas súmase unha cuarta variedade, as Piedras de Caramelo, que só se inclúen nas caixas de Piedras Gallegas, composta polas 4 variedades: chocolate con leite, chocolate negro, chocolate branco e, esta última, chocolate con caramelo.