Queda menos de dúas semanas para que se inicie a XV edición de Santiago (é) Tapas, e os locais participantes ultiman os preparativos para animar a composteláns e turistas a coñecer e gozar da mellor gastronomía en pequeno formato. Así, do 15 de febreiro ao 3 de marzo, o público poderá degustar máis de sesenta tapas en 41 establecementos de hostalería distribuídos en 5 (é)Tapas, dependendo da súa localización.
CAMIÑO INGLÉS: La Morena | A Lareira | Marte | O’Flanagan’s | Sindueña | Nómade | A Fuego Lento
CAMIÑO FRANCÉS: OCA Puerta del Camino | La Bodeguilla de San Lázaro | Tapa Tapiña | A Maceta | Lúas | A Ostrería | A Moa
CAMIÑO PORTUGUÉS: Boanerges | Artesana | Estudio 34 | La Planta | La Chida | La Bodeguilla de Santa Marta | A Vaquiña | O Ferro | Coller e Levar
VÍA DA PRATA: El Cártel de Mawey | El Estudio | Venecia | Sessanta & Novanta | El Muelle | Redes | Cacao | Solleiros
CAMIÑO DO NORTE: Pico de Galo | O Testo | Botafumeiro | Casas Chico | Xuntanza | Orixe | Medusa | Bicoca | Benboa
Ademáis, haberá 3 rutas pensadas para persoas celíacas, vexetarianas e para os máis larpeiros.
RUTA DOCE: Nómade > A Lareira > Medusa > A Moa > La Morena > A Ostrería > Venecia > Benboa > A Maceta > Tapa Tapiña > OCA Puerta del Camino > Bicoca > Pico de Galo> Solleiros > Coller e Levar
RUTA SEN GLUTE: La Chida > Redes > A Lareira > El Cártel de Mawey > Boanerges > A Maceta > O Ferro > La Morena > A Ostrería > Benboa > A Vaquiña > Xuntanza > Sindueña > Pico de Galo > Orixe > Solleiros
RUTA VEXETARIANA: Nómade > O’Flanagan’s > Medusa > Boanerges > A Maceta > El Muelle > La Morena > Benboa > A Ostrería > Sindueña
Organizado por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, Santiago (é) Tapas busca dar a coñecer a gastronomía, poñer en valor os produtos galegos de calidade e dinamizar o sector da hostalería. Ademáis este ano conta co patrocinio de Estrella Galicia, e a colaboración de Cash Record, Café Dromedario e Ponte da Boga.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, o público poderá probar e puntuar as tapas a concurso. Haberá sorteo de agasallos entre todos os que voten e premios directos ao acabar as distintas (e)tapas grazas á colaboración de Alda Hotels, Mercado Boanerges, Recorda Fest, Etiqueta Negra Producciones, Curves, Fisioterapia Esteban Vagni, AwaSan, Museo MEGA, Garfo e Coitelo, CRDO Rías Baixas, CRDO Ribeiro, Agacal, Piedras de Santiago, Arantza Portabales e moitos máis.
(INFOGRAFÍA: Alda Magazine)