A auga é un xogo, unha masaxe, un espazo de ingravidez e o eixo principal do centro deportivo e terapéutico AwaSan, situado en Roxos, e no que traballa un equipo interdisciplinar de profesionais cuxo principal obxectivo é coidar da saúde aproveitando os beneficios que ofrece a auga.
Convencidos de que en cada momento e para cada persoa a saúde implica cousas diferentes, en AwaSan fomentan o cultivo das relacións sociais, a autosuperación, o tratamento dunha doenza concreta, a mellora da condición física e o dominio do medio acuático.
Por esta razón, pódese atopar unha ampla variedade de actividades orientadas a diferentes fins terapéuticos, de rehabilitación, lúdicos e educativos, que abrazan todas as etapas da vida.
Entre as súas actividades estrela atópase o Parque Acuático, un parque para nenos e familias que se abre as fins de semana, convertendo as piscinas cada sábado e domingo nun lugar de encontro, lecer e diversión para toda a familia.
En función das idades dos nenos, cada piscina ten distinto material acuático con que xogar e divertirse libremente. Para os máis pequenos úsanse tapices, flotadores, cubos, regaderas, figuras, pelotas… e para idades sucesivas, colchóns, grandes tapices, tobogáns, inflables, escaleiras de corda, porterías, canastras e material subacuático.
As actividades dos nenos poden ser libres ou dirixidas por monitores acuáticos. Ademais, por seguridade, os nenos e nenas estarán sempre controlados por socorristas e monitores, aínda que con todo ata os 8 anos inclusive, é condición imprescindible a presenza dun adulto acompañante dentro da auga ou nas praias das piscinas.
O aforo estará sempre limitado para garantir o desfrute e a seguridade. Por esta razón é necesario realizar unha reserva previa chamando ao 981 537 521 ou enviando un e-mail a info@awasan.com.
As persoas que finalicen 2 (é)TAPAS poderán gañar bonos familiares (de ata 4 persoas) para o parque acuático AwaSan.