En este momento estás viendo Premio a Mellor Tapa sen Glute da Asociación Galega de Celíacos

Premio a Mellor Tapa sen Glute da Asociación Galega de Celíacos

A Asociación Galega de Celíacos, creada en 1998 para axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e dermatite herpetiforme, volve colaborar este ano dunha forma moi activa en Santiago (é) Tapas, asesorando aos organizadores na creación dunha Ruta Sen Glute e testando as tapas que entran a concurso con receitas aptas para celíacos.
Ademais, a asociación volverá elixir a Mellor Tapa sen Glute, que premiará cunha cesta de produtos sen glute.
Tamén sorteará, do mesmo xeito que na pasada edición, un lote de produtos entre todas aquelas persoas que fagan a Ruta Sen Glute e conten con dez selos de entre os seus locais correspondentes no seu Tapasporte.

  • ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN
    Informar e dar recomendacións para levar correctamente unha dieta sen glute.
    Informar sobre alimentos especiais sen glute e puntos de venda.
    Publicación anual dunha Lista de Alimentos permitidos na dieta dunha persoa celíaca, editada pola FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España).
    Publicacións especializadas: revista Mazorca, manual do celíaco, receitarios, folletos, dípticos, boletíns etc.
    Asesoramento sobre que facer cando se come fóra de casa (colexios, comedores colectivos, restaurantes etc.)/ etc.)
    Actividades de convivencia e encontros entre os asociados.
    Actividades de convivencia e foros de encontros entre os asociados.
    Información sobre os últimos avances científicos sobre a E.C.
    Xornadas científicas dirixidas aos profesionais e á poboación en xeral.
    Cursos de cociña sen glute.
    Campañas de sensibilización social nos medios de comunicación.
    Posta en marcha de campañas como ‘A Hostalería cos celíacos’.
    Relación con firmas comerciais de alimentos, herbolarios e centros de dietética.
    Relación con hoteis e restaurantes.
    Relación con organismos públicos e privados (firma de convenios de colaboración).
    Posta en marcha de ACEGA nova, unha agrupación de persoas mozas entre os 18 e 35 anos, dentro de ACEGA, creada coa finalidade de axudar aos mozos celíacos, organizando encontros anuais, charlas etc.