En este momento estás viendo Último día para inscribirse no XV Santiago (é) Tapas

Último día para inscribirse no XV Santiago (é) Tapas

A piques de rematar o prazo de inscrición para participar no XV Santiago (é) Tapas, un concurso que busca dinamizar a hostalería en datas de menor afluencia e elevar a oferta gastronómica da cidade, cabe destacar tamén o valor promocional engadido que conleva esta acción para dar a coñecer os diferentes establecementos hostaleiros da capital galega e as súas propostas máis salientables.

A ter en conta:

  • O prezo de inscrición por local será de 99 euros (IVE incluído), podendo presentar un máximo de 2 tapas, e 3 se a tapa a presentar é sen glute, vexetariana ou vegana.
  • Na ficha de inscrición (enviada ao longo do mércores 10 de xaneiro) deberá constar os horarios e días oficiais de peche do local, así como a ficha técnica da tapa.
  • As sesións de fotos para o Tapasporte e os diferentes canles de difusión do concurso celebraranse entre o 15 e o 18 de xaneiro (data e hora a convir coa organización) e serán obrigatorias.
  • Haberá premios ás mellores tapas Tradicional, Creativa, Doce, Maridada con Cervexa Estrella Galicia, Maridada con Viño Ponte da Boga, e Mellor Tapa Sen Glute.
  • Os rexistrados terán preferencia nos cursos de iniciación a barista que impartirá Café Dromedario, cultura e tiraxe de cervexa de Estrella Galicia, e viños Ponte da Boga.

Ademáis, entre os inscritos no concurso sortearase unha noite de hotel na cadea Alda Hotels e unha entrada dobre ao museo MEGA, entre outras sorpresas.