Consciente de que no mundo da hostalería, a fotografía gastronómica converteuse nun elemento crucial para destacar e captar a atención dos clientes na contorna dixital, Javier Lima abreu as portas de VegaStudio, un estudo especializado en fotografía gastronómica onde ofrece unha serie de servizos visuais de alta calidade deseñados especificamente para resaltar os produtos culinarios para webs, cartas de menús, redes sociais etc, e que se suma á lista de colaboradores desta edición de SANTIAGO(é)TAPAS obsequiando aos gañadores das mellores tapas con sesións fotográficas.
«A fotografía gastronómica é unha ferramenta fundamental para o éxito de calquera restaurante, xa que unha boa imaxe pode atraer a novos clientes e transmitir a calidade e o estilo do establecemento dunha maneira efectiva que as palabras non sempre logra», matizando que a fotografía gastronómica non se limita a simples fotos de comida. Tamén fala de fotografía de estilo de vida como outra forma efectiva de transmitir a experiencia que ofrecen os establecementos gastronómicos, con imaxes coidadosamente seleccionadas do ambiente e da decoración do local para crear unha conexión emocional cos clientes potenciais.
Ademais da fotografía de alimentos e do ambiente, Javier Lima tamén ofrece servizos de retrato corporativo para destacar ao equipo humano detrás dos negocios e mostrar as caras detrás da cociña e o servizo pode xerar confianza e conexión cos clientes. Fotos que queren transmitir paixón e o profesionalismo que dedican ao seu traballo, con retratos corporativos de alta calidade para fortalecer a imaxe da marca.