Comeza o período de inscrición para o XIV Santiago(é)tapas 

Os locais de hostalaría que queiran participar no concurso poderán inscribirse do 2 ao 20 de setembro a través da páxina web santiagoetapas.gal. 

Este venres, 2 de setembro, comeza o período de inscrición para o XIV Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago que promove Turismo de Santiago e organiza Hostalaría Compostela. 

Os establecementos de hostalaría interesados en participar disporán ata o 20 de setembro para poder inscribirse. Tanto as bases do concurso como a folla de inscrición estarán á súa disposición na páxina web santiagoetapas.gal  

Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

‘Toleamos por (é)Tapas’ é o lema desta edición, que adianta uns días o seu inicio con respecto a outros anos co fin de evitar a súa coincidencia coas ceas de Nadal nos locais de hostalaría da cidade. Así, o concurso comezará xa o xoves 27 de outubro, e prolongarase ata o 13 de novembro, celebrando a gala de entrega de premios a finais dese mesmo mes. 

Nas mesmas datas que o XIV Santiago(é)Tapas, celebrarase a terceira edición do Santiago(é)Cóctel, concurso de cócteles que organiza a Asociación Hostalaría Compostela. A cota de inscrición para os locais que queiran participar no certame de cócteles será gratuíta para aqueles que se inscriban tamén no concurso de tapas. 

NOVAS 

APÚNTATE

Santiago(é)Tapas 2022

Nas redes...

Instagram

Este mensaje de error solo es visible para los administradores de WordPress

Error: No se ha encontrado ningún feed.

Por favor, ve a la página de ajustes de Instagram Feed para crear un feed.