En este momento estás viendo Viaxe polos mencías de Ponte da Boga co enólogo Rubén Pérez

Viaxe polos mencías de Ponte da Boga co enólogo Rubén Pérez

A sede da Asociación Hostelería Compostela, coorganizador desta XV edición de Santiago (é) Tapas, acolleu un taller titulado Viaxe polos mencías de Ponte da Boga, dirixida polo enólogo Rubén Pérez, director técnico da adega Ponte da Boga, que amosou aos hostaleiros que se anotaron ao curso os matices dos viños da Ribeira Sacra.

A cata incluiu P. Mencía 22 Lousas e Xistos 21, un mencía con 4 meses de barrica, e Bancales Esquecidos 20, con 10 meses de barrica.

As formacións, que están a ser un éxito entre o sector, son unha das novidades desta edición do Santiago (é) Tapas.