O XIII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co patrocinio de Cervezas Alhambra. Tamén colaboran Cash Record, Fraga do Corvo, Utimaq, o Obradoiro CAB e a SD Compostela; así como o festival de cine Cineuropa e a Asociación de Celíacos de Galicia. 

Os obxectivos principais deste certame son incentivar a cultura gastronómica, dinamizar á cidade nun mes tradicionalmente de menor afluencia turística e amosar a calidade e o bo facer dos nosos hostaleiros e hostaleiras.

Durante o concurso, que se celebra do 11 ao 28 de novembro, o público pode gozar das tapas dos locais, que están agrupadas en varias (é)tapas que recordan aos diferentes camiños de Santiago. Ademais, pode votar as tapas dos locais participantes cubrindo os pousavasos que reciben coa consumición.

Paralelamente, e tamén do 11 ao 28 de novembro, celébrase o II Santiago(é)Cóctel, un concurso de cócteles organizado pola Asociación Hostalaría Compostela.

Nas redes...